RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B estrea en Ribadumia a súa marcadora de vitorias en pretemporada

O Deportivo ABANCA B estreou a súa marcadora de vitorias nesta pretemporada ao derrotar no campo de Barrantes ao Umia CF (1-2).

Celia Sousa e Laura Otero foron as goleadoras branquiazuis.

O filial deportivista soubo sobreporse ás numerosas baixas coas que conta, neste caso as de Lucía Rivas e Elena Vázquez, citadas co primeiro equipo; ou as das lesionadas Andrea Ansede, Paula Novo, Noela, Marta Rico ou Ana Capelo, por exemplo.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Celia Sousa, Noe Mayo, Emma Gandoy, Antía Brage, Sara Cercido, Carmen Carballada, Laura Testa, Laura Otero, Elena López 'Cusi' e Noe Gómez. Tamén xogaron: Daniela Basalo, Macarena González, Mica Baratelli e Yaiza García.

Agora, o equipo de Óscar Orro medirase ao Victoria CF o sábado 26 no Trofeo Moncho Rivera e disputará o domingo 27 o Memorial Faraldo ante un rival por confirmar.

O calendario de pretemporada do Dépor ABANCA B, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Umia CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Celia Sousa e Laura Otero)
Trofeo Moncho Rivera: Victoria CF - Deportivo ABANCA B, o sábado 26 de agosto ás 12:00 na Grela
Memorial Faraldo, domingo 27 de agosto ás 12:00 en La Torre ante un rival por determinar