O Dépor ABANCA B recupera a eficacia en ataque ante o Sporting de Gijón B
O Deportivo ABANCA B recuperou ante o Sporting de Gijón B (4-0) a eficacia en ataque cuxa ausencia lle pasou factura en anteriores encontros, nos que a pesar de ser superior ao seu rival, non puido trasladalo ao marcador.
Patri López, Carlota e Navia -2- foron as goleadoras deportivistas neste encontro disputado en Abegondo correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.
Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 25 puntos e mantense na 3ª praza.
Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Sofía, Laura Rivas, Navia, Lara, Nuria Torres, Patri López, Alba Suárez, Carlota e Aroa. Tamén xogaron: Aroa, Ainhoa, Bermúdez e Sara Piñeiro.
A semana que vén hai parón de liga. O domingo 15 de decembro, o conxunto deportivista visita ao Victoria FC de Santiago, nun choque na parte alta da táboa.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1 Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro) Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0 Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López) Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0 Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0 Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez) Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez) CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0