RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA cae pola mínima ante a SD Eibar en ABANCA-RIAZOR nun partido "que non soubemos ler ben"

As de Fran Alonso sucumben ante a SD Eibar (0-1) por un gol de Pizarro no 73 e conclúen en seis a xeira de partidos sen perder.

Fran Alonso comenta que esta derrota "animicamente dóenos moito" e sente que "non lemos ben o partido".

As Nosas, arroupadas por máis de 1.100 deportivistas, saíron ao verde dispostas a levar o partido.

Aos 10 minutos de encontro, Ainhoa quixo conectar con Bennett, pero o pase ao oco foi interceptado pola zaga.

No 14, Elyse se zafó do seu par con eficacia e regalou un pase de gol a Millene, que chegou forzada e o seu remate pegou no lateral da rede.

Pouco despois, a SD Eibar respondeu cun zapatazo de Pizarro desde a esquina da área e un croque nun córner ás mans de Inês. No 32, unha intervención sensacional da porteira deportivista após un disparo na área pequena salvou ao equipo de marchar a vestiarios por detrás no luminoso.

Após o descanso, o cadro visitante saíu máis conectado ao partido, pero as ofensivas armeiras foron efectivamente repelidas pola zaga coruñesa.

Cumprido o 60, Bennett cedeu a testemuña a ADT e a entrada de pernas frescas na punta de ataque sentou ben ao Dépor ABANCA. Aos dous minutos, Olaya completou o primeiro golpeo branquiazul da segunda metade, que se marchou alto.

Cumprido xa o 72 de encontro, o centro-chute de Pizarro no saque dunha falta lateral se envenenó e superou a Inês para impor o 0 a 1 en ABANCA-RIAZOR.

As de Fran Alonso trataron de igualar a contenda de novo e o último cuarto de hora xogouse practicamente ao completo en campo do Eibar.

Cumprido xa o 90 e en tempo de desconto, Bárbara probouse desde a frontal cun disparo que se perdeu por liña de fondo na que foi a última ocasión.

Finalmente, As Nosas non puideron cunha SD Eibar que leva o tres puntos de ABANCA-RIAZOR e rompe a igualdade clasificatoria para porse con 24 puntos.

Dépor ABANCA: Inês, S. Ortiz, Vera, M. Artero, Millene, Ainhoa (Hmírová, min. 80), Olaya (Paula G., min. 67), Raquel G., F. Lara ( Eva Dios, min. 80), Lucía (Bárbara, min. 80), Bennet (ADT, min. 60).

SD Eibar: Astralaga, Carla, Amani, Altonaga (Patri Ojeda, min. 80), Pizarro, Camino, Monnechi, Carmen (Mariana, min. 67), Elba, Mireia, Eider.

Árbitra: Elia María Martínez Martínez, do comité murciano, amoestou ás visitantes Amani, Astralaga e Pizarro e ás locais Samara e Millene.  

Goles (0-1):  E. Pizarro, 0-1, min. 73.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 da liga F, disputado en ABANCA-RIAZOR, ante 1.109 asistentes.