RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, con toda a súa artillaría mañá fronte á SD Eibar

O Deportivo ABANCA encara con toda a artillaría o primeiro dos dous partidos previstos nunha das semanas máis importantes da temporada, á que o equipo branquiazul chega co impulso anímico da contundente vitoria lograda o pasado domingo en Badaxoz fronte ao Santa Teresa CD. "Séntense reforzadas porque trazamos un plan de partido, entendérono perfectamente, levárono a cabo á perfección. É un rival que está connosco na zona baixa. Fomos superiores, fixemos ben o que tiñamos que facer. Fomos eficaces nas áreas, que era o que nos estaba faltando. Hoxe había un ambiente de traballo que xa me encarguei de restarlle emotividade ao tema porque mañá hai outro partido", explicou Manu Sánchez en rolda de prensa.

As xogadoras branquiazuis, a só tres puntos da salvación, recibirán mañá mércores en Abegondo, a porta pechada pola pandemia de COVID-19, á SD Eibar (16:30) en choque correspondente á 20ª xornada e retransmitido en directo por Gol.

Só Carolina Arbeláez, en proceso de recuperación, pérdese o partido por lesión. A maiores, continúan na citación as canteirás Eva Dios e María Figueroa.

Concluído o encontro, o cadro adestrarase de novo en Abegondo este xoves a partir das 17:30.