RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA cumpre no seu compromiso de pretemporada fronte ao Real Oviedo

O Dépor ABANCA (1-0) exhalou boas sensacións fronte ao Real Oviedo, de 2ª RFEF, nun amigable de pretemporada disputado en Abegondo.

Irene Ferreras preservaba as ausencias de Marina Artero e Olaya pola súa convocatoria no Mundial sub-20; e as de Henar e Lucía Martínez, por lesión.

Desde o minuto 1, a superioridade do cadro coruñés plasmouse no terreo de xogo, mantendo constantemente a posesión do esférico. Aos poucos, as branquiazuis íanse achegando máis á área rival e, froito diso, chegou o único tanto do partido baixo a firma de Ainhoa Marín a pase de Raquel, no minuto 14 de xogo.

Para a segunda metade, Irene Ferreras axitou a coctelera, ingresando no verde a nada menos que 10 xogadoras: Antía, Cris Martínez, Paula Novo, Vera, Carmen, Monteagudo, Eva Dios, Hmírová, Bárbara e Altuve; sendo Elena a única en manterse no verde.

O Dépor ABANCA seguiu imprimindo intensidade ao encontro, pero a pesar das numerosas ocasións non conseguiu aumentar a vantaxe. Unha vantaxe que, nos compases finais de encontro correu perigo con algunha ocasión do Real Oviedo.

Deportivo ABANCA: Martina (Antía, min. 46), Samara (Cris Martínez, min. 46), Raquel (Paula Novo, min. 46), Elena, F. Lara (Vera, min. 46), Paula Gutiérrez (Carmen, min. 46), Carlota (Monteagudo, min. 46), Millene ( Eva Dios, min. 46), Ainhoa Marín (Hmírová, min. 46), Lucía Rivas (Bárbara, min. 46) e ADT (Altuve, min. 46).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK