RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase este venres por autocar a Bilbao para visitar o sábado ao Athletic Club B

O Deportivo ABANCA viaxa este venres por estrada a Bilbao para visitar o sábado 13 de abril ao Athletic Club B a partir das 18:45 no campo 8 de Lezama, en choque correspondente á 24ª xornada (antepenúltima) en Primera Federación Iberdrola.

Antes de subirse ao autocar, As Nosas realizarán unha última sesión de traballo en Abegondo a partir das 10:30 horas.

O regreso da expedición branquiazul, tamén por estrada, será nada máis concluír o encontro.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Venres 12 de abril
10:30: Adestramento en Abegondo
12:10: Saída do autocar da Cidade Deportiva
19:05 (hora aproximada): Chegada ao hotel NH La Avanzada en Leioa (Biscaia)

Sábado 13 de abril
18:45: Athletic Club B - Deportivo ABANCA, en Lezama (campo 8)
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña