RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase mañá venres por estrada a San Sebastián para medirse este sábado á Real Sociedad

O Dépor ABANCA viaxa mañá venres 7 de febreiro en autobús a San Sebastián para enfrontarse este sábado 8 á Real Sociedad en Zubieta a partir das 17:00 (Dazn), en partido correspondente á 18ª xornada da Liga F.

Antes de subirse ao autocar, As Nosas realizán un último ensaio na Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas.

O regreso á Coruña será nada máis concluír o encontro, tamén por estrada.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Venres 7 de febreiro
11:00: Adestramento en Abegondo
13:40: Saída da Cidade Deportiva
21:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel NH Aránzazu (San Sebastián)


Sábado 8 de febreiro
17:00: Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta
Ao concluír, traslado en autocar á Coruña