RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase por estrada este sábado a Extremadura para medirse o domingo ao Cacereño Femenino

Nada máis finalizar o último adestramento que comezará este sábado ás 9:30 en Abegondo, o Dépor ABANCA desprázase por estrada a Extremadura para visitar o domingo 5 de novembro ás 12:00 nos campos federativos Manuel Sánchez Delgado ao Cacereño Femenino, en partido correspondente á 7ª xornada en Primera Federación Iberdrola.

O encontro xogarase en herba sintética, circunstancia que obrigou a Irene Ferreras a traballar durante boa parte da semana nesta superficie, nos campos do Monte en San Tirso e da Lavandeira no Burgo.

O regreso á Coruña tamén será por estrada, ao concluír o encontro.

A folla de ruta do Dépor ABANCA esta fin de semana é a seguinte:

Sábado 4 de novembro
9:30: Adestramento en Abegondo
12:00: Saída en autocar con parada para comer en La Bañeza
20:30 (hora aproximada): Chegada ao Hotel AHC en Cáceres

Domingo 5 de novembro
12:00: Cacereño Femenino - Deportivo ABANCA, nos campos federativos Manuel Sánchez Delgado
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña