RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, "en moi boa posición para conseguir o obxectivo", arrinca este mércores a súa penúltima semana de liga que conclúe o domingo 11 ante o Sevilla FC

O Dépor ABANCA arrinca mañá mércores 7 de maio en Abegondo a súa penúltima semana de competición en Liga F.

Os resultados da última xornada, coa derrota no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona, deixou ás Nosas na 14ª posición con 26 puntos.

Fran Alonso asegura que o seu equipo está "en constante crecemento. Aínda que agora vimos de 3 partidos nos que non logramos a vitoria estamos nunha moi boa posición para conseguir o obxectivo".

Afirma que "nos quedan dous partidos que imos tentar gañar. O único que nos importa é o do Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR (este domingo 11 de maio ás 12:00) diante de #ANOSAFORZA sabendo que se gañamos o partido, mesmo co empate, conseguimos a permanencia".

O corpo técnico dispuxo de 4 sesións de traballo matinais en Abegondo, con almorzo e comida para o cadro na propia instalación, segundo esta planificación:

Mércores 7 de maio
11:00 h.

Xoves 8 de maio
11:00 h.

Venres 9 de maio
11:00 h.

Sábado 10 de maio
11:00 h.

Domingo 11 de maio
12:00: Deportivo ABANCA - Sevilla FC, en ABANCA-RIAZOR