RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA inicia mañá xoves as vacacións para limpar un pouco as cabezas

Cunha última sesión de traballo mañá xoves 23 de xuño ás 9:30 no campo 5 de Abegondo, o Dépor ABANCA concluirá os adestramentos esta temporada.

Así pois, Irene Ferreras dará xa descanso ao cadro ata que arrinque a próxima campaña, coas Nosas de regreso á liga F, máxima competición a nivel nacional.

Raquel García, unha das capitás do Dépor ABANCA, manifestou hoxe mesmo na sala de prensa que "o futbolista se somete a unha tensión durante toda a temporada que termina sendo longa. Estamos con ganas de que chegue ese período de vacacións onde podemos desconectar un pouco, xa non só a nivel físico senón tamén a nivel mental que é moi importante. E bo tamén seguir preparándonos porque nos vén unha temporada moi complicada e é importante limpar un pouco as cabezas".