RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor ABANCA liquida con goleada en Braga e con "bastante bo traballo do equipo" o seu primeiro amigable de pretemporada

O Dépor ABANCA arrincou o seu calendario de pretemporada con "bastante bo traballo do equipo", tal e como subliñou Millene Cabral ao termo dos 90 minutos; e con goleada por 0-4.

O primeiro rival das Nosas foi o SC Braga da Primera División na Cidade Deportiva do conxunto luso.

Será o primeiro dos dous encontros este verán entre ambos os equipos, que se reencontrarán de novo en ABANCA-RIAZOR o sábado 9 de agosto ás 17:00 esta vez coa XIII edición do Trofeo Teresa Herrera feminino en xogo.

Fran Alonso dispuxo dous onces, un en cada tempo, neste primeiro test do verán.

Empezaron de maneira sobresaliente as branquiazuis. Aos 9 minutos, Ainhoa Marín adiantaba ao seu equipo ao aproveitar desde o vértice da área un bo pase filtrado de Elena.

Apenas 15 minutos despois, Millene aumentaba a renda para o Dépor ABANCA ao roubarlle con picardía un balón ao porteiro rival.

Non afrouxaron As Nosas o ritmo e seguiron mandando no aprtido.

Na recta final dos primeiros 45 minutos, de novo Millene (min. 38) subía o terceiro gol ao marcador. A dianteira brasileira cruza perfectamente o balón despois dunha presión alta con roubo de balón das Nosas.

Xa no desconto, Marina Artero cabeceou á rede un saque de esquina ao segundo pau lanzado por Elena Vázquez.

Con este resultado chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Fran Alonso dispuxo outro once.

O partido igualouse e o marcador xa non se movería, aínda que o amigable quedou sentenciado na primeira metade.

A boa noticia foi nesta segunda parte o regreso á competición de Henar Muiña, superada a súa lesión de xeonllo.

Onte na sala de prensa de Abegondo, Fran Alonso subliñou do mediocentro asturiana que "estivo traballando moito todo o verán. Está obsesionada coa profesionalidade. Sabía que ía estar a tope. E así foi. O primeiro día probamos e non ten molestias. Está a facer as sesións completas e crecendo".

Primeiro tempo: Yohana, Marina Artero, Paula Gutiérrez, Millene, Paula Monteagudo, Ainhoa Marín, Raquel, Elena, Lucía, Paula Novo e Laura Ruiz

Segundo tempo: Antía Veiga (Martina Rivas, min. 69), Samara Ortiz, Vera Martínez, Henar, Eva Dios, Olaya, Marisa, Sara, Bárbara, Barth e Carmen

Goles: 0-1 Ainhoa Marín (min. 9); 0-2 Millene Cabral (min. 24); 0-3 Millene (min. 38); 0-4 Marina Artero (min. 45+1)

Incidencias: partido disputado a porta pechada na Cidade Deportiva do SC Braga