RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA mídese mañá en Navia ao Oviedo Moderno CF, un rival da mesma categoría

O Oviedo Moderno CF, equipo tamén de Segunda División, será o rival do Deportivo ABANCA mañá sábado 21 de agosto no segundo test desta semana. Do mesmo xeito que o do pasado mércores ante a Real Sociedad, este novo amigable xógase en Asturias, neste caso na localidade de Navia, a partir das 12:30.

Este choque será o cuarto do verán para as branquiazuis. Un empate (0-0) ante o Valadares Gaia FC no Trofeo Teresa Herrera, un triunfo (0-1) fronte ao Viajes InterRías FF e unha lóxica derrota ante a Real Sociedad (4-0) é até agora o balance do que vai de verán.

As sensacións son boas, posto que nos partidos, incluído o da Real, o balón foi nunha alta porcentaxe branquiazul. Faltou unicamente claridade e quizais fortuna na definición.

Miguel Llorente leva a 18 futbolistas, que son as seguintes: María Sampalo, Sierra, Inés, Paula, Eva Dios, Alba Merino, Jone Ibáñez 'Ibi', María Ruiz, Ana Valles, Patri López, Raquel, Goretti, Alejandra Serrano 'Ale' e Cris; ademais de Tati, Carlota, Aroa e María Figueroa, do Dépor ABANCA B.

Están de baixa por lesión Laura Fernández e Ainhoa Marín.

Finalizado o encontro, o cadro descansará o domingo 22 e o luns 23; e regresará aos adestramentos o martes 24 de agosto ás 17:00 horas.