RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA, que recupera a Ainhoa Marín, pon fin á pretemporada cun exame de altura en Braga

O Dépor ABANCA pon o punto e final á pretemporada cun último amigable mañá sábado 28 de agosto no Estadio 1º de Maio de Braga (Portugal) ante un dos equipos potentes da Liga BPI, o Sporting Braga Feminino, ás 12:30 (hora española, 11:30 no país luso).

As portuguesas, terceiras na pasada campaña, chegan ao choque ante o Dépor ABANCA, último antes de arrancar a liga, despois dunha vitoria contundente ante o Lank Vilaverdense (5-0). Pola súa banda, as branquiazuis preséntanse na cidade lusa despois dunha derrota pola mínima ante o Oviedo Moderno CF (0-1), nun partido que puido caer ao lado de calquera dos dous equipos.

Miguel Llorente recupera a Ainhoa Marín pero perde por lesión a Laura Fernández; María Sampalo, con molestias no cuádriceps dereito pendente de avaliación médica; e a Eva Dios, por mor dun problema dental. Na lista figura Paula Novo, a internacional sub-19 con ficha do Deportivo ABANCA B pero que está xa no radar do primeiro equipo.

As convocadas son as seguintes: Sierra, Inés Altamira, Paula, Alba, Jone Ibáñez 'Ibi', María Ruiz, Ana Valles, Ainhoa Marín, Patri López, Raquel, Goretti, Alejandra Serrano 'Ale' e Cris Martínez; ademais das xogadoras do Deportivo ABANCA B Tati, Carlota, Andrea Reigosa, Aroa, Paula Novo e María Figueroa.

Finalizado o choque de mañá, o Dépor ABANCA adestrarase de novo o domingo ás 10:30 en Abegondo.