RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA recibe este venres en ABANCA-RIAZOR ao Levante UD con "enerxías renovadas" e co empuxe da súa capitá Cris Martínez

O Dépor ABANCA recibe este venres 14 de novembro ás 19:30 (Dazn) ao Levante UD en encontro correspondente á 11ª xornada en Liga F.

A derrota o pasado domingo no Estadio Johan Cruyff deixou ás Nosas na 14ª posición con 7 puntos.

O cadro recibiu este xoves o impulso de Cris Martínez. A capitá visitou ás súas compañeiras no Dépor Training Center acompañado do seu fillo Nico. Ambos animarán desde a bancada este venres.

Fran Alonso asegura que "levamos uns días a un nivel moi alto, con enerxías renovadas. O equipo está preparado e desexando que chegue o partido de mañá".

O técnico deportivista afirma que "a reacción non puido ser mellor no campo de adestramento. Veremos se é como esperamos no campo".

É baixa para o encontro por lesión Paula Monteagudo.

O preparador branquiazul confesa respecto diso que "é un desafío grande facer incluso a convocatoria porque hai que deixar en casa a bastantes xogadoras. Pero é un bendito problema porque hai moitas disputas por posicións e iso fai mellorar".

Sobre a lesión de Monteagudo mostrouse apenado porque "estabamos moi contentos coa súa progresión. Estaba a adaptarse moi ben a Liga F despois da temporada pasada no B. Ademais veulle a lesión nunha etapa na que estaba nun bo momento de confianza. Levaba xa 2 goles. É un paso atrás pero falei con ela, está ben, contando os días para volver adestrar. Vai volver máis forte do que se foi".

Pola súa banda, o Levante UD, que a pasada xornada empatou (1-1) na súa visita ao FC Levante Women, pecha a táboa de clasificación con 2 puntos.

Esta temporada lonxe do seu campo as levantinistas caeron co Atlético de Madrid (4-0), Real Sociedad (2-1), Madrid CFF (2-0) e Real Madrid CF (4-0); ademais do empate citado ante o conxunto de Badalona.

En ABANCA-RIAZOR o conxunto granota estrea técnico. Andrés París relevou esta semana a Santiago Triguero.

O seu novo adestrador asegurou que confía "plenamente nestas xogadoras. Vese claramente a actitude, o compromiso e as ganas de reverter a situación. Veño sumar, e xuntos imos loitar por conseguir os obxectivos".

Concluído o encontro, As Nosas adéstranse de novo o sábado 15 ás 10:30 no Dépor Training Center.