RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA recibe mañá ao Rayo Vallecano cos postos de salvación no punto de mira

O Dépor ABANCA recibe mañá sábado 13 de marzo ao Rayo Vallecano en Abegondo (12:00 horas) coa salvación no punto de mira: 18 puntos ten o RCD Espanyol, equipo que marca a permanencia, por 14 puntos as deportivistas.

Manu Sánchez recupera para este encontro correspondente á 22ª xornada na Primera Iberdrola a Noelia Villegas e Lady Andrade. Así pois, unicamente pérdese o partido por lesión Carolina Arbeláez. Eva Dios e María Figueroa son as canteirás incluídas na lista de 20 xogadoras convocadas.

O Rayo, instalado na zona media da táboa, chega a Abegondo despois dunha derrota pola mínima ante o Athletic Club (2-3) na Ciudad Deportiva Fundación Rayo Vallecano. Un choque que ademais deixa para mañá sábado a baixa segura por sanción da rayista Paula Andújar, expulsada no minuto 82 do citado encontro.

Mañá haberá unha representación de #ANOSAFORZA nas bancadas de Abegondo, circunstancia que a capitá Iris Arnaiz cualificou en rolda de prensa como "importantísima".

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo sanitario, cada persoa deberá pasar un control de temperatura, higienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Finalizado o encontro, o Dépor ABANCA descansa o domingo e regresa aos adestramentos o luns 15 de marzo ás 17:30 en Abegondo.