RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA recibirá o CP Cacereño en ABANCA-RIAZOR o domingo 21 de abril ás 12:00

O Dépor ABANCA volverá xogar no Estadio ABANCA-RIAZOR con motivo da 25ª e penúltima xornada da Primera Federación Iberdrola.

As Nosas disputarán o seu terceiro encontro oficial da presente temporada en ABANCA-RIAZOR e cuarto se sumamos o Trofeo Teresa Herrera. O Deportivo ABANCA recibirá ao CP Cacereño Femenino o domingo 21 de abril ás 12:00 horas, en horario unificado co resto de encontros da penúltima xornada do campionato.

As entradas para este partido sairán á venda o xoves 11 de abril.

Será o décimoquinto encontro do Dépor ABANCA no Estadio ABANCA-RIAZOR, o oitavo oficial despois de xogar na Copa de la Reina 2019-20 ante o Valencia CF (7-2), na máxima categoría nacional 2020-21 fronte a Sevilla FC (1-2) e Atlético de Madrid (1-8), na segunda división 2021-22 ante o DUX Logroño (0-0), no playout dese mesmo curso contra a Real Unión de Tenerife (3-1) e no presente exercicio fronte a Deportivo Alavés Gloriosas (2-1) e CE Europa (1-1).

Os outros 7 encontros corresponden ao Trofeo Teresa Herrera, que as branquiazuis venceron en 3 ocasións.