RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA reforza o seu ataque coa internacional venezolana Floriangel 'Michi' Apóstol

O Dépor ABANCA reforza o seu ataque con Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), coñecida futbolísticamente como 'Michi' Apóstol. Firma polo conxunto deportivista até xuño de 2025 e chegará á Coruña a próxima semana.

Despois de formarse na canteira do CF Deportivo Lara, debutou no primeiro equipo aos 16 anos, na temporada 2021-22. Gañou ese ano a liga FUTVE Feminina sendo nomeada mellor xogadora da competición. Anotou 11 goles e 2 na gran final.

Ao ano seguinte, temporada 2022-23, ficha polo CFF ADIFFEM de Caracas proclamándose subcampioa de liga e sendo nomeada de novo a mellor xogadora. Nesta campaña marcou 9 goles.

Entre as virtudes de 'Michi' Apóstol destaca a súa capacidade para resolver situacións dun contra un e o seu desborde.

É internacional en todas as categorías da selección venezolana e debutou xa coa absoluta o ano pasado estreándose como goleadora ante Haití.