RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA visitou o CEIP Víctor López Seoane para animar a asistir ao partido do próximo domingo en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo ABANCA comezou a semana animando á mocidade coruñesa a acudir ao encontro do próximo domingo 12 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés Gloriosas (17:00 horas), coa visita este mediodía a un centro educativo, o CEIP Víctor López Seoane.

As xogadoras Cris Martínez e Paula Monteagudo, acompañadas por Álex Bergantiños, conselleiro do RC Deportivo, e Inés Rey, alcaldesa da Coruña, charlaron co alumnado da escola do barrio de Monte Alto, onde repartiron invitacións para o partido do domingo.

Mañá martes, a partir das 12:00 horas, o Dépor ABANCA, que lidera a Primera Federación Iberdrola, segunda categoría nacional, con 18 puntos despois de 7 xornadas, visitará o Fogar de Santa Margarita.

O do próximo domingo será o decimotercer encontro das Nosas en ABANCA-RIAZOR, o sexto oficial despois de xogar na Copa da Raíña 2019-20 ante o Valencia CF (7-2); na máxima categoría nacional 2020-21 fronte ao Sevilla FC (1-2) e Atlético de Madrid (1-8); e na segunda división 2021-22 ante o DUX Logroño (0-0) e no playout dese mesmo curso contra a Real Unión de Tenerife (3-1). Os outros 7 encontros corresponden ao Trofeo Teresa Herrera, que as branquiazuis venceron en 3 ocasións, precisamente a última ante o rival do próximo domingo, o Deportivo Alavés Gloriosas.