RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, xa con Olaya Rodríguez no grupo, desprázase este sábado despois de adestrar a San Sebastián

O Dépor ABANCA recibiu a boa noticia da incorporación de Olaya Rodríguez aos adestramentos co grupo.

A internacional deportivista sufriu un proceso vírico que lle impediu ser convocada no encontro ante o Granada CF.

As Nosas adestraranse o sábado 13 de decembro ás 10:00 no Dépor Training Center e, ao concluír, partir de viaxe en autocar a San Sebastián para medirse á Real Sociedad o domingo 14 de decembro ás 12:00 (Dazn) en Zubieta.

O regreso do equipo deportivista será após o encontro, tamén por estrada.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 13 de decembro
10:00: Adestramento no Dépor Training Center (campo 6)
12:00: Saída en autocar a San Sebastián
19:30 (hora aproximada): Chegada ao Hotel 3 Reyes en San Sebastián

Domingo 14 de decembro
12:00: Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña