RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor arrinca a semana ante un partido fronte ao FC Barcelona Atlètic que merece toda a atención e dedicación

O Dépor arrincou hoxe martes en Abegondo unha semana de traballo coa visita do FC Barcelona Atlètic, prevista para este domingo 12 de maio ás 19:00 horas (TVG e FEF TV) en ABANCA-RIAZOR, no horizonte.

Pablo Vázquez confesou ao acabar o partido en Sestao que pasará a semana "visualizando cada xogada, cada duelo, cada acción. O partido merece toda esa atención e dedicación".

Tamén imaxina estes días a #ANOSAFORZA "á altura como estivo todo o ano. Vannos a empuxar o domingo até o último alento e ímolo a notar. Espero que sexan decisivos".

Jaime Sánchez, tamén en Las Llanas, advirte que o encontro será "moi complicado pero temos que ir a polos 3 puntos". "Esta semana imos dalo todo para que así sexa", engadiu.

O polivalente futbolista andaluz vaticina unha "semana moi bonita. Temos que levala como até agora, traballando; sabendo que vai ser unha partido clave o domingo".

Após a xornada de descanso de onte luns, o corpo técnico dispuxo unha activación con rondos, un exercicio de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Con Hugo Rama e Ximo Navarro hoxe con adestramento individual, Martín Ochoa foi o único representante de #ANOSACANTEIRA posto que Rubén López está afectado dunha gastroenterite.

Mañá mércores, Os Nosos adestraranse a partir das 11:00 na Cidade Deportiva, con almorzo previo ás 8:30 xa na instalación.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK