RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca mañá mércores a última semana de competición da temporada 2024-25

O Dépor encara desde mañá mércores 28 de maio a última semana de competición da temporada 2024-25, que concluirá este domingo 1 de xuño ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos en 15ª posición con 53 puntos.

O técnico advirte que "a final de temporada os futbolistas, por unhas razóns ou por outras, están a chegar xustos". Iso si, deixa claro o preparador branquiazul que "o esforzo de todos non está posto en dúbida, polo menos desde o corpo técnico", engadiu.

Óscar Gilsanz dispuxo 4 sesións de traballo en Abegondo antes da cita ante os ilicitanos.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 28 de maio
11:00 h.

Xoves 29 de maio
11:00 h.

Venres 30 de maio
11:00 h.

Sábado 31 de maio
11:00 h.

Domingo 1 de xuño
18:30: Deportivo - Elche CF, en ABANCA-RIAZOR