RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Dépor B proclámase campión da Terceira División ao picar o Coruxo en Laracha

O Deportivo B proclamouse por segunda tempada consecutiva campión da Terceira División sen necesidade de gañar o seu partido, posto que o seu máis inmediato perseguidor, o Coruxo, non puido gañar ao Laracha. Desta forma quedou sen transcendencia a derrota

Perico Ramallo aliñou de inicio a: Iván Parada, Rubén González, Chapi, Adrián, Juachi, Madrigal, Nacho, José Areas, Iván Pérez, Rivera e Aridane. Tamén xogaron Herbert e Moreiras.
O único tanto deportivista foi logrado por Aridane, que ademais protagonizou a anécdota negativa da xornada, ao chocar fortuitamente co porteiro e ter que pasar polo Hospital San Rafael para observar o golpe que sufriu o dianteiro do Deportivo B na cabeza.