RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor cae en Pasarón no I Trofeo FGF

- Foto: Susi García - O Deportivo escribió o penúltimo capítulo da pretemporada en Pasarón disputando ante o Celta o I Torneo Federación Galega de Fútbol, que se acabó levando o conxunto ol&iacut

A primeira parte o Celta tivo maior posesión de balón e chegadas, todas atalladas con moita solvencia por un Fabricio moi enchufado. Especialmente nunha boísima man ante o intento de disparo de Nolito ou nun par de saídas nas que atallou o perigo grazas á súa actuación e á axuda dos seus compañeiros en defensa.

A pesar diso o Dépor tamén dispuxo dalgunha ocasión clara, sobre todo a que tivo Toché despois dunha recuperación por parte do Dépor e un movemento rápido cara a Cuenca, que gañou liña de fondo grazas a unha bicicleta tras a que deixou atrás para que o dianteiro murciano que lle pegase duro á media volta forzando a intervención de Sergio.
 
A cinco do descanso un córner prolongado por Toché non puido ser materializado por Álex que non acertou a rematar de volea no bordo da área pequena. Mesmo se lle anulou correctamente un gol ao Dépor por fóra de xogo de Canella nun gran movemento entre Cuenca, o asturiano e Wilk.
 
No descanso Víctor Fernández aproveitou para substituír a máis de medio equipo e probar outras alternativas ao visto na primeira parte. A pesar dos movementos tácticos e de xogadores o partido continuou coa mesma dinámica que no primeiros corenta e cinco minutos pero coa diferenza de que as ocasións do Celta se converteron en goles. O primeiro no minuto 3 da continuación cun pase interceptado por Nolito que anotou cun disparo desde a frontal coa perna esquerda. 
 
Luisinho pediu penalti só dous minutos despois pero Igrexas Villanueva interpretou que o contacto co xogador portugués dentro da área non era merecedor de levar o balón ao momento de castigo.
 
O Dépor non se atopou cómodo practicamente en ningún momento a pesar de que non renunciou a tentar desenvolver o seu xogo. No 73 o Celta anotou o segundo tanto por mediación de Larrivey tras rematar unha xogada con cambio de xogo cara á dereita, chegada á área e centro para que o dianteiro arxentino anotase con comodidade no bordo da área pequena.
 
O segundo gol do Celta fixo que o Dépor propuxésese tentar con maior insistencia a remontada. Nos últimos minutos do partido a posesión foi practicamente total para o branquiazuis pero sen xerar chegadas claras á área de Sergio. 
 
Dépor: Fabricio (Lux, min. 45); Seoane (Cardoso, min. 82), Álex Bergantiños (Lopo, min. 45), Insua (Iago, min. 80), Canella (Luisinho, min. 45); Arizmendi (Cavaleiro, min. 45), Wilk (Remeseiro, min. 62), Juan Carlos (Juan Domínguez, min. 45), Conca (Laure, min. 45); Fariña (José Rodríguez, min. 45) e Toché (Borja, min. 62).
 
Celta: Sergio; Jonny, Cabral, Fontás, Planas; Borja Fernández (Goldar, min. 81), Álex López (Madinda, min. 67), Krohn-Dehli (Sergi Gómez, min. 88); Orellana, Nolito (Santi Mina, min. 83) e Larrivey (Charles, min. 83)
 
Goles: 0-1 Nolito (min. 48); 0-2 Larrivey (min. 73)
 
Árbitro: Igrexas Villanueva (Galego). Amoestou a Fontás (min. 37) e Orellana (min. 58), Seoane (min. 76)
 
Incidencias: I Trofeo Federación Galega de Fútbol disputado no Estadio de Pasarón (Pontevedra)