RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comeza mañá martes a preparar a visita do CD Badaxoz a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo goza hoxe luns dunha xornada de descanso. Borja Jiménez e o seu cadro comezan mañá martes 14 de setembro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Badajoz a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 18 de setembro ás 19:00 horas (Footters).

O corpo técnico disporá catro sesións matinais, unha delas en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, os futbolistas están citados ás 9:00 para almorzar no comedor da instalación branquiazul.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 14 de setembro
10:30 h. en Abegondo

Mércores 15 de setembro
10:30 h. en Abegondo

Xoves 16 de setembro
10:30 h. en Abegondo

Venres 17 de setembro
10:30 h. en ABANCA-RIAZOR (a porta pechada)

Sábado 18 de setembro
19:00: Deportivo - CD Badajoz, en ABANCA-RIAZOR