RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor coñecerá o seu calendario de liga o vindeiro martes 20 de xullo ás 12:00 horas

A Federación Española de Fútbol comunicou esta mañá que o vindeiro martes 20 de xullo ás 12:00 realizarase o sorteo do calendario do grupo no que militará o RC Deportivo na Primera RFEF. O acto poderase seguir por streaming nas canles oficiais da Federación.

A Comisión Delegada fixou o 29 de agosto como data para o inicio da liga. A competición xogarase sen descanso cada fin de semana até o 19 de decembro, que terá lugar a última xornada do ano 2021. Tralo parón do Nadal, a liga retómase o 9 de xaneiro pero non haberá liga o 16 de xaneiro pola disputa da Supercopa de España. Tan só haberá unha xornada intersemanal, o mércores 26 de xaneiro.

A Primera RFEF finaliza o 29 de maio despois de 38 xornadas e xa no mes de xuño xogaranse os playoff de ascenso a Segunda División.

O meta coruñés Ian Mackay asegurou esta mañá en rolda de prensa, con motivo da súa presentación, que "o máis importante é chegar ben á primeira xornada". Para iso, aos poucos vai tomando forma o calendario de amigables de pretemporada, para o que hai xa tres citas confirmadas:

RC Villalbés - RC Deportivo, sábado 24 de xullo, 19:00 h. A Magdalena
Viveiro CF - RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas