RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, cun día a día bo para Imanol Idiakez, ultima o Trofeo Teresa Herrera de mañá ante o Red Bull Bragantino

O Dépor ultima o partido de mañá sábado 5 de agosto en ABANCA-RIAZOR (19:30, Youtube RC Deportivo) ante o Red Bull Bragantino, coa LXXVIII edición do Trofeo Teresa Herrera en xogo.

Para iso, hoxe Imanol Idiakez dispuxo dunha intensa sesión que arrincou cun circuíto de forza supervisado polos preparadores físicos Javi González e Sergio Roca.

A continuación, o técnico deportivista dirixiu un partido táctico, dispuxo dunha serie de encontros en espazo reducido; e concluíu a xornada cunha tarefa defensiva e un repaso ás accións de estratexia.

En rolda de prensa, o adestrador branquiazul cualificou de "bo" o día a día do grupo e asegurou que "a actitude dos rapaces é boa, o traballo é bo".

Pablo Vázquez está con adestramento personalizado; mentres que Álvaro Santamaría, Martín Ochoa, Brais Val, Kevin, Tim Caroutas e Fernando Somolinos representaron a #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado, Os Nosos están citados ás 8:45 para almorzar e saltar ao céspede a partir das 11:00 horas. Ao concluír, Imanol Idiakez dará a lista de convocados para o choque ante o conxunto brasileiro.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK