RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, desde esta mañá cos cinco sentidos postos no CD Arenteiro

Despois de tres días de descanso, o Dépor regresou esta mañá a Abegondo para comezar a preparar a visita do CD Arenteiro a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 28 de abril ás 19:00 horas (TVG-2 e FEF TV).

Jose Ángel, en rolda de prensa, asegurou hoxe que a sensación do equipo é "boa porque levamos unha xeira e unha dinámica moi positiva. Queremos seguir gozando como cada fin de semana facémolo para tentar sacar os 3 puntos".

Advirte o mediocentro branquiazul que "temos un partido difícil contra outro rival de Galicia e que tamén está a facer un bo fútbol, que ten unha boa dinámica. Creo que se vai a ver un partido bonito".

"Non pensamos noutra cousa que o CD Arenteiro", subliña o futbolista andaluz, "máis que nada porque as últimas xornadas, cando queda pouco, adoitan ser as máis duras porque os equipos nos xogamos cousas e ese plus de máis está claro que o damos. Cada xornada é unha guerra, é unha batalla e nós con esa mentalidade temos que ir para ter todos os sentidos postos en cada fin de semana".

Após unha activación con rondos de presión, Imanol Idiakez dispuxo nesta primeira xornada de traballo no campo 2 de Abegondo unha tarefa de posesión e fútbol reducido para concluír.

Ximo Navarro está con adestramento personalizado do mesmo xeito que Hugo Rama, este no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.