RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor e Termaria Casa da auga renovan o acordo para que os equipos do Club utilicen as súas instalacións

O Real Club Deportivo e Termaria Casa del Agua renovaron, unha temporada máis, o convenio de colaboración que permite, con unha das contrapartidas, que os cadros profesionais do Club poidan utilizar as súas amplas e modernas instalacións para levar a cabo os adestramentos e recuperacións que sexan necesarios ao longo da temporada, tanto de forma individual como grupal dentro das limitacións das actuais esixencias sanitarias.

Claudio Orjales, director de Termaria Casa del Agua, acompañou no seu percorrido polas instalacións, situadas xunto ao estadio ABANCA-RIAZOR e que os técnicos terán á súa disposición para que os xogadores leven a cabo sesións de traballo e recuperación, tanto nos ximnasios como nas salas como na zona de augas, ao director xeral e conselleiro do Club, David Villasuso, ao adestrador do equipo masculino, Borja Jiménez, aos responsables da secretaría técnica Carlos Rosende e Juan Giménez, e ao director comercial do Deportivo, Ignacio Martínez Dopico.

Termaria Casa del Agua segue sendo deste xeito una das empresas da cidade que colabora co RC Deportivo, neste caso a través dos servizos dos que tamén poden gozar o resto de Deportivistas e coruñeses.