RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor e Vodafone, xuntos nun proxecto pioneiro no fútbol español

O Real Club Deportivo asinou un acordo con Vodafone España por un añou prorrogable que permitirá o desenvolvemento de interesantes iniciativas conxuntas ao longo da próxima tempada. O acto de presentación aos medios de c

A compañía de telecomunicacións adquiriu un total de 600 abonos da bancada Maratón Superior do Estadio de Riazor, que pasará a chamarse Fondo-Vodafone. A multinacional de telefonía disporá da Bancada de Fondo para o desenvolvemento de iniciativas nos diferentes encontros do Deportivo. Unha delas será ofrecer entradas gratuítas aos afeccionados deportivistas para os partidos locais. Os clientes, tanto particulares como empresas, poderán obter entradas para todos os partidos de Liga e Copa do Rei que dispute o equipo en Riazor, ben por acudir a tenda a realizar algunha acción comercial, por doar móbiles usados, por participar en accións de redes sociais da compañía, etc… No próximo partido, que enfrontará ao Deportivo da Coruña co Xetafe, as invitacións poderán retirarse acudindo a unha tenda Vodafone.

O acordo abre un amplo abanico de posibilidades ao longo da tempada 2012/2013. Para o Deportivo da Coruña, supón a optimización do aforamento de Riazor no ano do seu retorno á Primeira División e a apertura dunha importante vía de colaboración cunha das empresas de maior dimensión mundial, ademais dunha nova liña de desenvolvemento de negocio no fútbol e unha serie de accións para a aplicación de novas tecnoloxías no fútbol. “É un bo acordo para Vodafone, para o Club e para os deportivistas”, declarou o Presidente Augusto César Lendoiro. Cualificou ademais esta alianza como “un cóctel importante”, na liña de converter a Riazor nunha festa cada partido. Finalmente  lembrou que “o Deportivo nunca falla”.

“Este acordo permitiranos interactuar coa sociedade a través de 600 abonos no Fondo Vodafone. Ademais permitiranos realizar accións cruzadas con clientes nosos e socios do Deportivo e mellorar así mesmo a cobertura no Estadio”, declarou Ignacio Román, quen ademais aclarou que non se trata dun patrocinio, para o que a marca xa ten ao equipo de Fórmula Uno, senón de interactuar "coa sociedade".