RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor incorpora a tecnoloxía INDIBA® Activ para a recuperación de xogadores e para a DéporClínica

O Real Club Deportivo chegou a un acordo para a incorporación da terapia INDIBA® activ aos procesos de recuperación dos seus futbolistas na Cidade Deportiva de Abegondo e ao tratamento dos pacientes da DéporClínica.

A tecnoloxía INDIBA® activ, que permite acelerar a recuperación dos pacientes, está avalada por máis de 35 anos de experiencia e na actualidade é utilizada tamén por outros deportistas de elite e equipos profesionais. O Real Club Deportivo conta cunha máquina nas instalacións de Abegondo e outra na DéporClínica da Rúa Manuel Murguía.

Actualmente a terapia INDIBA® activ está recoñecida como un dos tratamentos máis rápidos e efectivos tanto en patoloxías agudas, crónicas, subagudas e dor crónica como en patoloxías osteoarticulares e musculares.

No corazón do método atópase un principio revolucionario que actúa de forma natural e non invasiva desde o interior do tecido biolóxico, activando os procesos antiinflamatorios e de reparación tisular do propio organismo, sendo un tratamento totalmente fisiolóxico e sen contraindicacións.

INDIBA® activ é unha tecnoloxía revolucionaria que reactiva os poderes naturais fisiolóxicos do metabolismo, transferindo a enerxía do interior do corpo cara ao exterior. Este sistema pasou a ser indispensable nos tratamentos de fisioterapia porque acelera de maneira espectacular os tempos de rehabilitación do paciente.

Trátase dun sistema de última xeración baseado na elevación local da temperatura dos tecidos sobre os que se traballa (diatermia profunda), mediante a circulación de correntes eléctricas de alta frecuencia (448 kHz). Ao transformar a enerxía fría de alta frecuencia en temperatura, que non calor, prodúcese unha estimulación das células deterioradas polo paso do tempo e os malos hábitos. Isto permite que estas recuperen as súas funcións fisiológicas. O aumento da temperatura nos tecidos realízase de forma segura e non invasiva, sen producir fricción das células e por iso sen destruír tecido. Desta forma, provócase no organismo unha dilatación dos vasos sanguíneos co consecuente aumento da circulación arterial, mellorando a oxixenación dos tecidos e a drenaxe venosa.

A eficacia do tratamento con INDIBA® activ e o protocolo de utilización que se segue reside en complementar o seu uso cun bo diagnóstico e unha boa técnica manual por parte dos profesionais do Deportivo.

Outra das grandes vantaxes que presenta este sistema é que diminúe o limiar da dor, o que produce no paciente un efecto de benestar desde a primeira sesión. A utilización de INDIBA ® activ tamén proporciona un alto poder descontracturante que dá elasticidade muscular, relaxa o tecido e prevén ao organismo de posibles roturas fibrilares.

A aplicación desta tecnoloxía e de calquera outro tratamento de fisioterapia está a disposición de todos os cidadáns na DéporClínica de Manuel Murguía, 14. Para máis información e citas: 981 148 105 ou en deporclinica@deporclinica.com. Os accionistas e socios do Real Club Deportivo contan ademais con desconto nos servizos da DéporClínica presentando os seus respectivos carnés identificativos.