RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor insiste no traballo defensivo, esta mañá en Abegondo

O Deportivo, cos fabrilistas Blas e One, fixo especial fincapé esta mañá, no adestramento diario, no traballo defensivo, de cara ao choque deste domingo no Camp Nou ante o FC Barcelona (20:45 horas, Movistar Partidazo).

Un exercicio de posesión e presión após perdida; e un partido once contra once no campo 2 completaron o traballo sobre o céspede.

Adestrouse á marxe Gerard Valentín, ademais de Fede Cartabia, en repouso deportivo. Raúl Albentosa, cunha molestia nun xeonllo, retirouse antes que os seus compañeiros ao vestiario.

Mañá venres, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.