O Dépor leva a 22 xogadores ao Torneo Cidade de Pontevedra desta tarde en Pasarón
O Deportivo leva a 22 futbolistas esta tarde a Pasarón para disputar a 42ª edición do Trofeo Cidade de Pontevedra, polo que pelexarán o equipo anfitrión, o conxunto branquiazul e o CD Tenerife, baixo a modalidade de '3 en 1'.
A novidade é a presenza do canteirán Valín, que se une hoxe aos fabrilistas xa citados por Anquela (Gandoy, Álex Cobo, David Sánchez, Javi Sánchez, Tomás Bourdal, Martí Vilà e Mujaid) para compromisos amigables xa celebrados este verán.
Os horarios dos partidos, cada un de 45 minutos, son estes:
20:00 horas: Pontevedra CF - CD Tenerife 21:00 horas: Deportivo - CD Tenerife 22:00 horas: Pontevedra CF - Deportivo
Os prezos das entradas son os seguintes:
Tribuna: 15 euros (sénior), 5 euros (xuvenil) e 3 euros (infantil) Preferencia: 10 euros (sénior), 5 euros (xuvenil) e 3 euros (infantil) Fondo Norte e Fondo Sur: 8 euros (sénior), 5 euros (xuvenil) e 3 euros (infantil)
No adestramento desta mañá en Abegondo, após un quecemento e uns rondos, Anquela dispuxo un exercicio táctico e accións a balón parado. A continuación, un grupo completou a sesión con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.
Adestráronse á marxe dos seus compañeiros Diego Rolan e Christian Santos.
Mañá xoves 1 de agosto, o equipo terá unha única sesión de traballo, a partir das 10:00 horas en Abegondo.