RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha a pretemporada con 3 triunfos, 1 empate e 1 derrota

O Deportivo finalizou hoxe sábado una das pretemporadas máis atípicas das súas máis de 110 anos de historia.

Cunha remodelación do cadro, o equipo branquiazul pechou un verán que arrincou a mediados do pasado mes de agosto despois de disputar o partido-paripé ante o CF Fuenlabrada o 7 dese mesmo mes; nun dos episodios máis vergoñosos de toda a historia do fútbol español.

Coa Primeira e Segunda División xa empezadas, o Dépor disputou un total de 5 partidos amigables ante rivais de Segunda División B e Terceira.

O balance foi de 3 triunfos, 1 empate e 1 derrota, cun total de 10 goles a favor e 3 en contra.

Os goleadores estiveron moi repartidos: Borges, Lara e Claudio Beauvue anotaron 2; e Adri Castro, Keko, Miku e Gandoy, 1.

A próxima cita será xa oficial, o arranque ligueiro no subgrupo A de o grupo 1º de Segunda División B ante o Salamanca CF UDS en ABANCA-RIAZOR, o domingo ás 19:00 horas.

Os resultados de pretemporada foron os seguintes:

Sábado 26 de setembro, A Magdalena (Vilalba): Racing Villalbés 0 - Deportivo 3 (Lara, Adri Castro e Borges)
Mércores 30 de setembro, ABANCA-RIAZOR: Deportivo 5 (Lara, Keko, Miku, Borges e Gandoy) - CSD Arzúa 0
Sábado 3 de outubro, As Eiroas (Carballo): Bergantiños FC 0 - Deportivo 0
Mércores 7 de outubro, Pasarón (Pontevedra): Pontevedra CF 1 - Deportivo 2 (Claudio Beauvue -2-)
Sábado 10 de outubro, A Devesa (Bembibre): Deportivo 0 - Valladolid Promesas 2