RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor pon desde mañá o foco no San Fernando CD Isleño

Axustado o cadro coas chegadas de Orest Lebedenko e Kike Saverio, o Dépor pon o foco desde mañá martes, a partir das 10:30 en Abegondo, na seguinte cita ligueira, o domingo 29 de xaneiro ás 16:00 horas (InSports.tv) no Estadio Iberoamericano 2010 ante o San Fernando CD Isleño, correspondente á 21ª xornada en Primera Federación.

Os resultados da pasada fin de semana deixan a Os Nosos na 4ª posición da táboa con 38 puntos pero máis preto da cabeza: Real Madrid Castilla e Córdoba CF teñen 40 puntos; e o líder AD Alcorcón, 42 puntos.

Óscar Cano dirixirá antes do partido en San Fernando 5 sesións de traballo, 4 delas matinais en Abegondo e a do sábado 28, xa en Cádiz e en horario vespertino.

Cada vez que haxa actividade en Abegondo, os futbolistas almorzarán na instalación a partir das 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 24 de xaneiro
10:30 h., en Abegondo

Mércores 25 de xaneiro
10:30 h., en Abegondo

Xoves 26 de xaneiro
10:30 h., en Abegondo

Venres 27 de xaneiro
10:30 h., en Abegondo

Sábado 28 de xaneiro
17:30 h., na Ciudad Deportiva Bahía de Cádiz (Puerto Real)

Domingo 29 de xaneiro
16:00: San Fernando CD Isleño - Deportivo, no Estadio Iberoamericano 2010