O Dépor preparará a visita á UP Langreo con catro adestramentos
Rubén de la Barrera disporá catro sesións de traballo matinais para preparar a seguinte cita ligueira, a visita á UP Langreo prevista para o domingo 11 de abril ás 17:00 horas no campo de Novo Ganzábal; en choque correspondente á 2ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.
Tres dos adestramentos previstos serán en Abegondo e un en ABANCA-RIAZOR, o xoves 8, a porta pechada.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 7 de abril 10:30 h en Abegondo
Xoves 8 de abril 10:30 h en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada
Venres 9 de abril 10:30 h en Abegondo
Sábado 10 de abril 10:30 en Abegondo
Domingo 11 de abril 17:00: UP Langreo - Deportivo, no Novo Ganzábal