RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor saca o taboleiro nunha mañá de baixa intensidade física

O Deportivo incidiu esta mañá na estratexia nunha sesión de baixa intensidade física, habitual dous días antes de cada partido.

Así, Rubén de la Barrera dividiu ao seu cadro en dous grupos: mentres un realizaba no campo 3 un exercicio de movementos ofensivos; o outro grupo, no campo 2, ensaiaba accións a balón parado.

Adestráronse á marxe Borja Galán, Keko e Derik. Lara realizou unha parte co grupo e outra con tarefas específicas, de acordo cos Servizos Médicos e o corpo técnico. De feito, o adestrador branquiazul, en rolda de prensa, explicou que o futbolista sevillano está "con traballo de ximnasio. A priori vai estar dispoñible. Mañá temos previsto que se reincorpore ao grupo e sen novidade".

Adri Castro, Juan Rodríguez e David Suárez foron os fabrilistas que traballaron esta mañá co primeiro equipo.

Mañá sábado 1 de maio, o Deportivo adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo. Será a última sesión antes do encontro ante o UP Langreo deste domingo 2 de maio ás 19:00 horas (TVG-2) en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 5ª xornada no subgrupo 1D de Segunda División B.