RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor traza o plan para a visita ao FC Barcelona Atlètic

Imanol Idiakez e os seus futbolistas trazaron esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o plan de partido para visitar este domingo 3 de decembro ás 17:00 (FEF TV) ao FC Barcelona Atlètic no Estadi Johan Cruyff, en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Yeremay, en rolda de prensa, admitiu que "non nos están entrando os goles. A baixa de Barbero tocounos moito porque é gol. Non é unha escusa pero fodeunos esa baixa. Estamos a traballar todos os días para que cheguen os goles, para mellorar iso. Seguramente van chegar".

Así pois, o técnico e o seu cadro, despois dunha activación con rondos, realizaron un exercicio de posición e completaron un partido en espazos amplos, con continuas instrucións do adestrador aos seus futbolistas.

Están con adestramento personalizado Ximo Navarro, Pablo Muñoz e Barbero; ademais de Retuerta, este en repouso deportivo.

Hugo Rama retirouse antes aos vestiarios a consecuencia dunhas molestias nos isquiotibiais, pendente de valoración médica.

Pola súa banda, Martín Ochoa, Mella, Jairo, Rubén, Marc, Marotías e Kevin foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK

/* Bot imbee */