RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor viaxa a Pamplona mañá venres despois de adestrar en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo emprende mañá venres 12 de abril viaxe a Pamplona por estrada para medirse ao CA Osasuna no Sadar o sábado 13 de abril (18:00 horas, Movistar Partidazo).

O regreso á Coruña será nada máis concluír o partido.

O plan de viaxe do Dépor é o seguinte:

Venres 12 de abril
10:00: Adestramento en ABANCA-RIAZOR
12:00: Saída en autocar a Pamplona con parada para comer no Hotel Celuisma Ponferrada
20:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel NH Iruña Park de Pamplona

Sábado 13 de abril
18:00: CA Osasuna - Deportivo, no Sadar
Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña