RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor viaxa a Soria por estrada este xoves despois de adestrar en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo emprende este xoves viaxe por estrada a Soria, para visitar o venres 26 de abril (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV) ao CD Numancia, en partido correspondente á 36ª xornada en LaLiga 1|2|3.

A saída será o xoves despois de adestrar en ABANCA-RIAZOR; e o regreso, nada máis concluír o encontro nos Pajaritos.

O plan de viaxe é o seguinte:

Xoves 25 de abril
10:00: Adestramento en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada
12:00: Saída en autocar a Soria con parada a comer no Hotel Cidade de Ponferrada
19:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel Alfonso VIII en Soria

Venres 26 de abril
21:00: CD Numancia - Deportivo, nos Pajaritos
Ao concluír, saída en autocar de regreso á Coruña