RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor visita esta tarde ao CD Arenteiro con quince xogadores, incluído Carlos Doncel

O Deportivo visita esta tarde ao CD Arenteiro, equipo de 2ª RFEF, nun novo amigable, penúltimo desta pretemporada, que se xogará no campo de O Espiñedo do Carballiño a partir das 19:00 horas, localidade de orixe do novo patrocinador do RC Deportivo, Oreco-Balgón Constructora, empresa que apoia tamén ao club local.

Borja Jiménez citou a 15 xogadores, entre os que destacan Doncel, que se estrea nunha citación despois da súa chegada ao Dépor o pasado sábado; e os canteiráns Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Alberto, Yeremay e Noel.

Onte en rolda de prensa, o técnico deportivista aclarou que "estes dous últimos partidos afrontámolos de maneira que o xogador o vaia a levar próximo á competición en canto a minutaxe. Por iso temos dous partidos consecutivos. Queremos ver xogadores con noventa minutos, cal é o seu comportamento, até onde chegan, en que momentos o equipo xa non lle dá a nivel físico porque estamos case ao comezo de temporada. Queremos ter parámetros físicos de como se atopan para competir en case dez días. Principalmente vai ser para iso, para que os xogadores teñan o seu noventa minutos antes da competición e iremos vendo algunha cousiña que poida ser interesante de cara as primeiras xornadas".

Tamén lembra a incorporación de Carlos Doncel, "que non competiu connosco. Sacaremos cousas positivas coa mente centrada na primeira xornada de liga", concluíu.

Iso si, indica que "gañar sempre é positivo pero o empate do outro día ante o Real Madrid Castilla pódeche deixar ese sabor próximo á vitoria; a derrota da Ponferradina déixache... Se o árbitro está un pouco máis acertado temos a opción do penalti, os dous goles que encaixamos son erros moi puntuais. O equipo está a comportarse ben. Guíome por esas sensacións que me está mostrando o equipo de crecemento", concluíu. 

Antepón Borja Jiménez as sensacións sobre os resultados: "O importante é que as sensacións sexan boas. Gañar por gañar...", engadiu ante os medios de comunicación.

O choque será retransmitido en directo pola canle de YouTube do Real Club Deportivo grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

Así mesmo, hai entradas dispoñibles no despacho de billetes de O Espiñedo desde as 16:30, ao prezo de 15 euros.

Finalizado o partido, Borja Jiménez citou de novo ao seu cadro mañá sábado 21 de de agosto ás 10:30 en Abegondo.