RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, xa con Pablo Muñoz no grupo, arrinca a semana; e seguir insistindo porque non creo que haxa outro camiño que o da insistencia

Os Nosos comezaron esta mañá a preparar a seguinte cita ligueira, o sábado 21 de outubro ás 19:00 horas (FEF TV) na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.

Pablo Muñoz incorporouse ao traballo de grupo superada a súa lesión muscular. O atacante branquiazul foi a gran novidade na sesión desta mañá.

O cadro arrincou cunha activación supervisada polos preparadores físicos Javi González e Sergio Roca. A continuación, o corpo técnico deportivista dispuxo dun exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa táctica e un partido en espazos amplos.

Jose Ángel, en rolda de prensa ao recoller o Premio Estrella Galicia que o acredita como mellor xogador do mes de setembro, insistiu ante os medios en "seguir mellorando. Neste tipo de situacións o primeiro que temos que facer os futbolistas é mirarnos a nós mesmos e ver que podemos mellorar cada un".

Así pois, o centrocampista branquiazul pide "mellorar cada un, porque así se vai a ver beneficiado o equipo. E seguir insistindo no que facemos. Non hai outra. Non creo que haxa outro camiño que o da insistencia".

Están convencido que "no momento que chegue unha vitoria, que creo que a estamos merecendo durante moito partidos pero aínda así non se está dando, todo vaise a ver doutra maneira, haberá moitas máis cousas positivas que negativas e estaremos no camiño correcto".

Yeremay, Balenziaga, Iván Barbero, Ximo Navarro e Lucas, este con unha contusión nun xemelgo sufrida en Ponferrada, tiveron adestramento personalizado.

Mella, Jairo, Rubén, Martín Ochoa, Iano Simão, Marc Lachèvre e Álex Pereira foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

O Dépor adestrarase de novo mañá en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:45 e comida obrigatoria tamén na propia instalación.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK