RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor xa traballa no Dépor Training Center para "recuperar a esa xente que ten molestias" de cara ao partido ante "o equipo máis en forma da liga"

O Dépor volveu este luns 9 de febreiro aos adestramentos no Dépor Training Center noutra mañá pasada por auga.

Os titulares este domingo 8 ante o Albacete Balompié en ABANCA-RIAZOR realizaron no céspede a activación co resto do grupo e pasaron logo a tarefas de recuperación física, con ximnasio, fisioterapia e paso pola zona de auga.

Antonio Hidalgo fíxase como obxectivo, tal e como declarou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, "descansar e recuperar a esa xente que ten molestias".

Para o resto do grupo houbo un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido.

Stoichkov, que quedou fóra do partido ante o Albacete Balompié por unhas molestias nun aductor, está con traballo personalizado.

Noé, Bil e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

O Dépor ten este martes 10 xornada de descanso e comezará este mércores 11 ás 10:30 a preparar a visita ao Estadio SkyFi Castalia prevista para o domingo 15 de febreiro ás 21:00 horas, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas.

O técnico deportivista insiste en que ese encontro "definitivo seguro que non é porque quedará moito por diante".

E subliñou que o CD Castellón "seguramente é o equipo máis en forma da liga neste momento. Requíreche moitísima esixencia. Por iso é importante descansar e recuperar á xente para o domingo"