RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O DéporCampus Cabreiroá chega a Verdugo

O luns 17 de xuño tivo lugar a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Verdugo.

O acto contou coa participación de Manuel Gómez Ponte, presidente do AXD Verdugo; José Humberto Moreira Cal, vogal do AXD Verdugo; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que terá continuidade grazas á colaboración do AXD Verdugo, desenvolverase entre os días 8 e 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo de Verdugo, en Pontesampaio, será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Verdugo e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 2 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.