RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O DéporCampus Cabreiroá terá parada en Boiro por sétimo verán consecutivo

O Concello de Boiro acolleu o pasado mércores 12 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se celebrará na devandita localidade por sétimo verán consecutivo.

O acto contou coa participación de Marcos Fajardo, concelleiro de deportes de Boiro; Julio García Varela, secretario das EFM Concello de Boiro; Carlos Ozores, coordinador deportivo das EFM Concello de Boiro; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que se celebra ininterrompidamente desde 2018, terá lugar entre os días 15 ao 19 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo de fútbol de Boiro será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Boiro e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 9 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.