RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O deportivismo aluma dúas novas peñas esta semana

Foto: Dxtcampeón

As peñas deportivistas Pulpeiros e Buddha inauguraranse mañá mércores e o xoves, respectivamente, e con elas que se superará a cifra de 180 agrupacións federadas.

Mañá mércores 27 de setembro, a partir das 20:00 horas, terá lugar a inauguración da Peña Pulpeiros, con sede no Pub O'Tropezón (C/ Cotellón 10), na localidade de Mugardos, e cuxo presidente é Álvaro Pandelo Pérez.

Manuel Pablo e Rubén serán os representantes do club, xunto ao Oficial de Enlace con la Afición (OEA) Juan Lagarda e á directora da Área Social do RC Deportivo Gelines Romero.

O xoves producirase a posta de longo da Peña Buddha, que nace no Café Buddha Coffee (C/ José Luis Bugallal Marchesi 1) da capital herculina. O evento tamén arrancará ás 20:00 horas.

Neste caso, Juanfran e Zakaria Bakkali serán os futbolistas que exercerán de padriños, acompañados igualmente polo OEA e á directora da área Social, da agrupación presidida por Rebeca Alonso Otero.

Con estas dúas novas peñas, a Federación alcanza as 182 agrupacións afiliadas.