RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B avanza na Copa á conta da Victoria B

O Deportivo Abanca B alcanzou con autoridade os cuartos de final de Copa ao imporse (0-5) ao Victoria CF B en oitavos de final, nunha eliminatoria a partido único disputada na Coruña.

O partido foi de clara cor branquiazul e xa quedou sentenciado ao descanso, ao que se chegou con 0-3. Natalia -3-, Vero e Doce foron as goleadoras deportivistas.

Deportivo Abanca B: Ameneiros, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Doce, Alba, Raña, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Marta, Ana, Karina e Ari.

O rival agora do Deportivo Abanca B en cuartos de final será o Torre. A eliminatoria xogarase a dobre partido.