O Deportivo Alevín conquista ante o Orillamar o Trofeo Rodrigo García Vizoso
O Deportivo alevín conquistou esta mañá ante o Orillamar (9-0) o
Trofeo Rodrigo García Vizoso na devandita categoría. O resultado deixa ben ás claras
a superioridade deportivista sobre a Beira.
Esta tarde, o Dépor cadete -na súa maioría con xogadores do equipo B
que militan na liga Galega- venceu ao Raio Sadense (2-1) e logrou a terceira
posición do Trofeo de Fútbol Basee de Sada.