RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O colexio Santa María del Mar da Coruña estrea o seu DéporCampus Cabreiroá Nadal 2025

Despois do éxito da 1ª edición do DéporCampus Cabreiroá no pasado verán, o Colexio Santa María del Mar da Coruña estréase co DéporCampus Cabreiroá Nadal 2025.

A presentación tivo lugar no campo de fútbol do propio centro educativo, onde levará a cabo a actividade.

Representaron ao Colexio Santa María del Mar Cristina Carretero, directora de administración; Antonio Areal, coordinador de actividades paraescolares; e Silvia Losada adxunta á coordinación de actividades paraescolares

Por parte da RC Deportivo Fundación asistiron Sergio Maurente e Jacobo Saco, corresponsables do programa local.

Os días elixidos son o 29, 30 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00; e está dirixido a nenos/as entre 6 e 14 anos (nacidos en 2020 a 2012 ambos os incluídos) independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia.

Para inscricións e información, os interesados deben picar nesta ligazón.