RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Cando afrontamos calquera partido coa camiseta do Dépor facémolo con toda a profesionalidade"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que, a 24 horas de visitar á CE Sabadell FC na Nova Creu Alta na segunda rolda do torneo do k.o., este xoves 4 de decembro ás 19:00 (TVG), "a Copa sempre é estimulante. É unha competición moi bonita".

Advirte que a prioridade é a liga "pero cando afrontamos calquera partido coa camiseta do Dépor facémolo con toda a profesionalidade posible. Preparámolo da mesma maneira que un partido de liga".

O técnico deportivista confesa que este xoves o seu equipo xogará "nun campo no que estiven moito tempo, na miña casa, coa miña familia. É un día especial para min aínda que con ganas de pasar de rolda. Con esa intención imos".

Alerta ademais que "xogar partidos de Copa cando non vés participando moito non é sinxelo. Conxúganse moitas situacións: futbolistas que veñen xogando menos, canteiráns... Conxugar iso nunha mesma idea non é sinxelo. Hai que ir ao detalle en explicar que é o que queremos".

Finalmente Antonio Hidalgo opina que "todo se iguala cando é a un partido. Por iso hai que estar moi concentrados, pór todo, ir ao mínimo detalle".

Da CE Sabadell FC di que "ten diferentes estruturas, comportamentos que van cambiando con e sen balón. Non son sinxelos de contrarrestar. O ano pasado fixeron un gran ano e leste perderon o outro día o seu primeiro partido. Non encaixaron gol en casa. Son un equipo ben traballado, moi sólido e difícil de exporlle os partidos. Pero imos con todo e a pasar de rolda".