O Deportivo busca seguir vivo na Copa del Rey coa visita ao CE Sabadell FC este xoves 4 de decembro ás 19:00 horas (TVG) na Nova Creu Alta, con choque correspondente á segunda rolda.
Desta forma, Os Nosos están inmersos nunha esixente semana de competición con visita en liga ao Carlos Belmonte de Albacete o pasado sábado 29 de novembro e partido en ABANCA-RIAZOR ante o CD Castellón o domingo 7 de decembro ás 18:30 horas.
Na primeira rolda, o Dépor apeou á UD Sámano ao vencer en Castro Urdiales por 1-4.
Causan baixa para este encontro os tocados Ximo Navarro, Escudero, Daniel Bachmann e Luismi Cruz.
Ademais, dirixirá ao equipo desde a banda Ignasi Salafranca ao ter que cumprir Antonio Hidalgo o seu segundo e último partido de sanción.
Precisamente o encontro será especial para o adestrador blanquizul, cuxa residencia familiar está a escasos quilómetros do estadio arlequinado e dirixiu ao CE Sabadell FC desde o 3 de abril de 2019 ao 21 de novembro de 2021, cun total de 96 encontros no banco, incluído un ascenso a Segunda División.
Confesa que é "é moi emocionante volver á miña casa. Son abonado, son socio. Pasei moitísimo tempo tanto como xogador como adestrador".
De feito, o conxunto arlequinado anunciou un homnenaje a Antonio Hidalgo, "un dei noi", tal e como o cualifican nas súas redes sociais, con varias fotografías como xogador e adestrador.
Os Nosos realizaron esta tarde o último adestramento no Dépor Training Center antes de viaxar a Barcelona nun voo que despegou ás 19:00 desde o Aeroporto da Coruña.
O corpo técnico dispuxo após unha activación no campo 3; un exercicio táctico, fútbol reducido e un ensaio de accións a balón parado no 2.
Hugo Ríos, Samu, Íker Vidal, Bil, Damian Canedo, Quique Teijo e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
O técnico deportivista apunta que "temos unha canteira que nos ten que axudar" á vez que confirma que "viaxan todo menos Ríos".
Respecto diso, a RFEF modificou o artigo 141, que no seu apartado 2 apunta que "unha vez iniciado o partido, e durante todo o desenvolvemento do mesmo, os equipos non poderán estar integrados por máis de 4 futbolistas dos que non conforman o cadro da categoría que militan".
Así pois, se o Dépor formase un once inicial con 4 canteiráns e é expulsado algún dos 7 do primeiro cadro non habería aliñación indebida.
O preparador branquiazul confirmou a titularidade de Samu: "Está sobradamente preparado para participar mañá. Fixo un gran traballo en pretemporada. Axudounos moito. Ha ir crecendo. Estivo tamén participando co Fabril. Mañá seguramente será da partida".
Nese once inicial estará Samuele Mulattieri: "Vai xogar. Mula dános moitísimas máis cousas que o gol. Evidentemente os dianteiros viven diso pero Mula pola súa esencia sae moito de zona, vén recibir, atópase moi cómodo saíndo da área. Son situacións que tamén temos que valorar".
Pola súa banda, a CE Sabadell FC marcha en 3ª posición no grupo 2º de Primera Federación con 23 puntos.
A pasada fin de semana, no seu choque ante a CE Europa, cultivou a súa primeira derrota (2-0) no que vai de temporada.
"Vainos a pór en moitos problemas", advirte Antonio Hidalgo. "Melloraron moitísimo este ano, ten moitos automatismos creados, moita ambición por pasar de rolda", engadiu.
Dépor e CE Sabadell FC víronse as caras por última vez na Nova Creu Alta o 22 de outubro de 2023 en partido da 9ª xornada de Primera Federación. Naquela ocasión venceron os branquiazuis por 0-1 con gol de Martín Ochoa aos 7 minutos.
Pola súa banda, o conxunto catalán eliminou en primeira rolda á UD Poblense após gañar por 1-2 en La Puebla (Mallorca).
Ferrán Costa, o seu adestrador, cre que o Dépor "é un equipo cun estilo moi definido e é un gran reto para nós".
Finalizado o choque, o Dépor regresa á Coruña e adestrarase o venres 5 de decembro ás 12:00 no Dépor Training Center.
